viernes, 14 de diciembre de 2012

O AVÓ DE INÉS AGASÁLLANOS UN CASTIÑEIRO

O AVÓ DE INÉS AGASALLOUNOS UN CASTIÑEIRO. DECIDIMOS TRANSPRANTALO NO CAMPO DE ARRIBA E ALÍ NOS DIRIXIMOS TODOS E TODAS. COA AXUDA DA MAMÁ DE INÉS QUE NOS TRUXO TODO O QUE PRECISAMOS E COA FORZA BRUTA DO PROFE XOSÉ CARLOS, O NOSO CASTIÑEIRO XA FORMA PARTE DO NOSO COLE E DOS NOSOS RECORDOS PORQUE PERMANECERÁ E CRECERÁ CON NÓS.
 GRACIÑAS FAMILIA DE INÉS!!!

sábado, 1 de diciembre de 2012

VISITANOS UNHA ENFERMEIRA (A MAMI DE CLAUDIA)

Esta semana viunos visitar unha mami moi especial que nos axudou a resolver algunhas dúbidas e a explicarnos cousas que aínda non coñecemos: o corazón, os ósos, como coller pesos pesados para non mancarnos... Maricarmen é o nome da nai de Claudia que viu con Ángel; o seu marido, para facer unha clase distinta e con aparatos que usan os médicos de verdade!!! Todo isto foi posible porque a mami é enfermeira e quería aportar o seu gran de área ó noso proxecto deste curso. (xa sabedes que estades todos e todas invitados e invitadas a participar)

domingo, 25 de noviembre de 2012

A HISTORIA DE PITUFO CHARLATÁN


PITUFO CHARLATÁN - presentacion imagenes

  Pitufo Charlatán apareceu o xoves 22 de novembro na nosa aula; o truxo o carteiro de correos que llo deu ó profe Emilio para que nolo truxera a clase. Cando chegou, os leóns e leonas non entendiamos nada xa que non esperabamos correo de ninguén pero cando abrimos o paquete e limos a carta comprendímolo todo.

Para escoller o seu novo nome fixemos grupos de tres e cada grupo tiña que chegar a un acordo entre eles. Ó final tiñamos 8 nomes e dos tres máis votados saiu "PITUFO CHARLATÁN".

A continuación tedes a carta que nos escribiu Pitufo Charlatán onde nos explica todo o que lle aconteceu. 

Ola amigos e amigas da clase dos leóns!!
Eu son un Pitufo que fai uns días fun a dar un paseo polo bosque en bicicleta sen casco. O último que recordó é que levei un golpe enorme na miña cabeza e dende ese momento non recordo nada; nin o meu nome, nin onde vivo, nin como chegar a miña casa, nin se teño familia... nada de nada!!! Estou realmente triste e preocupado porque non sei como solucionar este problema e non teño a onde ir.
Senteime nunha rocha no medio do bosque e comecei a chorar e de súpero escoitei ó lonxe como unha persoa gritaba:
-         Veña Pitufos, a facer a filaaaa!!!!
Asomei a cabeza entre as árbores e mirei a vosa profe Montse chamar por vós no patio do voso colexio. Ó día seguinte armeime de valor e agocheime detrás da roda do seu coche. Cando a vosa profe Montse iba a marchar do cole presenteime, conteílle o que me aconteceu e pedinlle axuda.
Ela díxome que mentras non recuperase a memoria e recordase o meu nome, onde vivía e como chegar ata alí podería quedar con vós xa que sodes uns nenos e nenas superbós, divertidos, cariñosos e moi intelíxentes e que estariasdes encantados de quedarvos comigo.
Parecevos ben????
Tamén me gustaría, se queredes, que me poñásedes un novo nome mentras non recordo o meu e que me queirades e coidedes moito para axudarme a recuperar todos os meus recordos.
Se estades dacordo tamén vos acompañarei os fins de semana as vosas casas para non quedarme aquí só os sábados e domingos xa que poñeriame moi triste.
Estou desexando que me axudedes.
SODES ESTUPENDOS!!!
 

viernes, 2 de noviembre de 2012

BENVIDAS E BENVIDOS Ó TENEBROSO SAMAÍN 2012


SAMAÍN 2012 - diapositivas

      ESTE SAMAÍN 2012 COMEZOU ABRINDO BOCADO COS DEDOS DE BRUXA QUE ADRIÁN CHAPELA TRUXO Ó COLE PARA MERENDAR. Ó DÍA SEGUINTE OS LEÓNS E LEONAS FORON TRAENDO AS SÚAS CABAZAS, CADA CAL MÁIS TENEBROSA CÁ ANTERIOR. PERO O MELLOR CHEGOU O MÉRCORES CANDO VIÑEMOS DA CASA DISFRAZADOS E DISFRAZADAS COAS NOSAS MELLORES GALAS TERRORÍFICAS. DENDE BRUXAS A VAMPIROS, DE FRANKENSTEINS A ESQUELETES... HABÍA DE TODO!!! 

     DESPOIS DUNHA BOA MERENDOLA FUMOS Á BIBLIOTECA ONDE A PROFE LEUNOS UN CONTO DE TERROR (NON HAI FOTOS DISO) E XA PARA REMATAR VISITAMOS A EXPOSICIÓN COAS NOSAS CABAZAS. 

ESTÁ CLARO QUE NON HAI NADA COMO PASAR UN BO RATO DE MEDO!!!! HAHAHAHAHA!!!

martes, 16 de octubre de 2012

IRENE PRESÉNTANOS A SÚA IRMÁ E ANA ENSÍNANOS AS ECOGRAFÍAS DE CANDO ERA UN FETO NO BANDULLO DA SÚA NAI


IRENE PRESÉNTANOS A SÚA IRMÁ - diapositivas
 IRENE E A SÚA MAMÁ MARÍA PRESENTÁRONNOS A ENMA. A VERDADE É QUE FOI UN GRAN MOMENTO XA QUE PUIDEMOS ACLARAR ALGUNHAS DÚBIDAS QUE TIÑAMOS EN REFERENCIA Ó NACEMENTO: DOE? POR ONDE SAE O LEITE? COMO NACEU ENMA?... ESTAS PREGUNTAS XURDIRON POLA CURIOSIDADE DUNHA DAS LEONAS POR COÑECER COMO NACEU ELA MESMA E ESTE TEMA ESTÁ SENDO MOI MOTIVADOR PORA A NOSA AULA. 
ANA TRÚXONOS AS ECOGRAFÍAS QUE LLE FIXERON Á SÚA NAI CANDO ESTABA EMBARAZADA PARA QUE PUIDÉSEMOS OBSERVAR COMO CRECÍA E SE FORMABA POUCO A POUCO DENTRO DO BANDULLO DA SÚA  MAMÁ; A VERDADE É QUE FOI UNHA SORPRESA PARA TODOS E TODAS.

sábado, 13 de octubre de 2012

PRANTAMOS ACEVO!!


PRANTAMOS ACEVO - presentacion imagenes
FAI UN PAR DE SEMANAS UN MESTRE DESTE COLE AGASALLOUNOS CON MOITAS PRANTIÑAS DE ACEVO QUE PRECISABAN UN TARRO ONDE SER PRANTADAS E CRECER. OS LEÓNS E LEONAS DECIDIMOS FACELO E POR ISO CADA UN DELES E DELAS TROUXO UN TARRO DE IOGUR Ó COLE. DESPOIS DE INTRODUCIL NEL TERRA, HUMUS, A PRANTIÑA E AUGA, CADA UN DE NÓS TEN UN PEQUENO ACEVO DO CAL RESPONSABILIZARSE DURANTE ESTOS  MESES. ESPEREMOS FACELO BEN XA QUE SABEDES QUE ESTÁ EN PERIGO DE EXTINCIÓN!!!!!!!!!!

lunes, 1 de octubre de 2012

AGORA É BRAIS QUEN TRAE AS SÚAS TARTARUGAS!!!


BRAIS E AS SÚAS TARTARUGAS - diapositivas

     SAEN TARTARUGAS DE TODAS PARTES E HOXE, 1 DE OUTUBRO DO 2012 FOI BRAIS QUEN TRUXO AS SÚAS E PUIDEMOS APRENDER  MÁIS COUSAS DELAS.
PERO NESTE DÍA QUE NOS OCUPA HOUBO UNHA PREGUNTA QUE NON SOUBEMOS CONTESTAR POLO QUE TIVEMOS QUE RECURRIR A INTERNET: COMO NACEN AS TARTARUGAS??? 
     DESCUBRIMOS QUE SON OVÍPARAS (XA O SABÍAN) E QUE A  MAMÁ VAI Á PRAIA ONDE NACEU PARA POÑER OS SEUS PROPIOS OVOS NUN BURATO DUN METRO DE PROFUNDIDADE. CANDO XA NACEN AS TARTARUGAS TEÑEN QUE SAIR DO PROFUNDO BURATO E CHEGAR Ó MAR EVITANDO A CARANGUEXOS E GAIVOTAS!!! QUE DIFÍIIIIIIIIIIIIICIL!!!!!!!!!! ADEMÁIS DE TER MOITA FORZA PARA ADENTRARSE NO MAR SUPERANDO A FORZA DAS ONDAS. TODO UN PRODIXIO DA NATUREZA!!!