Esta semana viunos visitar unha mami moi especial que nos axudou a resolver algunhas dúbidas e a explicarnos cousas que aínda non coñecemos: o corazón, os ósos, como coller pesos pesados para non mancarnos... Maricarmen é o nome da nai de Claudia que viu con Ángel; o seu marido, para facer unha clase distinta e con aparatos que usan os médicos de verdade!!! Todo isto foi posible porque a mami é enfermeira e quería aportar o seu gran de área ó noso proxecto deste curso. (xa sabedes que estades todos e todas invitados e invitadas a participar)
No hay comentarios:
Publicar un comentario