domingo, 25 de noviembre de 2012

A HISTORIA DE PITUFO CHARLATÁN


PITUFO CHARLATÁN - presentacion imagenes

  Pitufo Charlatán apareceu o xoves 22 de novembro na nosa aula; o truxo o carteiro de correos que llo deu ó profe Emilio para que nolo truxera a clase. Cando chegou, os leóns e leonas non entendiamos nada xa que non esperabamos correo de ninguén pero cando abrimos o paquete e limos a carta comprendímolo todo.

Para escoller o seu novo nome fixemos grupos de tres e cada grupo tiña que chegar a un acordo entre eles. Ó final tiñamos 8 nomes e dos tres máis votados saiu "PITUFO CHARLATÁN".

A continuación tedes a carta que nos escribiu Pitufo Charlatán onde nos explica todo o que lle aconteceu. 

Ola amigos e amigas da clase dos leóns!!
Eu son un Pitufo que fai uns días fun a dar un paseo polo bosque en bicicleta sen casco. O último que recordó é que levei un golpe enorme na miña cabeza e dende ese momento non recordo nada; nin o meu nome, nin onde vivo, nin como chegar a miña casa, nin se teño familia... nada de nada!!! Estou realmente triste e preocupado porque non sei como solucionar este problema e non teño a onde ir.
Senteime nunha rocha no medio do bosque e comecei a chorar e de súpero escoitei ó lonxe como unha persoa gritaba:
-         Veña Pitufos, a facer a filaaaa!!!!
Asomei a cabeza entre as árbores e mirei a vosa profe Montse chamar por vós no patio do voso colexio. Ó día seguinte armeime de valor e agocheime detrás da roda do seu coche. Cando a vosa profe Montse iba a marchar do cole presenteime, conteílle o que me aconteceu e pedinlle axuda.
Ela díxome que mentras non recuperase a memoria e recordase o meu nome, onde vivía e como chegar ata alí podería quedar con vós xa que sodes uns nenos e nenas superbós, divertidos, cariñosos e moi intelíxentes e que estariasdes encantados de quedarvos comigo.
Parecevos ben????
Tamén me gustaría, se queredes, que me poñásedes un novo nome mentras non recordo o meu e que me queirades e coidedes moito para axudarme a recuperar todos os meus recordos.
Se estades dacordo tamén vos acompañarei os fins de semana as vosas casas para non quedarme aquí só os sábados e domingos xa que poñeriame moi triste.
Estou desexando que me axudedes.
SODES ESTUPENDOS!!!
 

viernes, 2 de noviembre de 2012

BENVIDAS E BENVIDOS Ó TENEBROSO SAMAÍN 2012


SAMAÍN 2012 - diapositivas

      ESTE SAMAÍN 2012 COMEZOU ABRINDO BOCADO COS DEDOS DE BRUXA QUE ADRIÁN CHAPELA TRUXO Ó COLE PARA MERENDAR. Ó DÍA SEGUINTE OS LEÓNS E LEONAS FORON TRAENDO AS SÚAS CABAZAS, CADA CAL MÁIS TENEBROSA CÁ ANTERIOR. PERO O MELLOR CHEGOU O MÉRCORES CANDO VIÑEMOS DA CASA DISFRAZADOS E DISFRAZADAS COAS NOSAS MELLORES GALAS TERRORÍFICAS. DENDE BRUXAS A VAMPIROS, DE FRANKENSTEINS A ESQUELETES... HABÍA DE TODO!!! 

     DESPOIS DUNHA BOA MERENDOLA FUMOS Á BIBLIOTECA ONDE A PROFE LEUNOS UN CONTO DE TERROR (NON HAI FOTOS DISO) E XA PARA REMATAR VISITAMOS A EXPOSICIÓN COAS NOSAS CABAZAS. 

ESTÁ CLARO QUE NON HAI NADA COMO PASAR UN BO RATO DE MEDO!!!! HAHAHAHAHA!!!