martes, 22 de enero de 2013

UN DENTISTA VISITA A NOSA AULA!!

Jesús Abal; exalumno do colexio Castrillón, excompañeiro meu, papi dun alumno de 4 anos e Dentista; xunto con Olalla, a súa muller, visitáronnos hoxe para facernos entender a morfoloxía da nosa boca e todos os coidados que a mesma precisa para tela sana, limpa e brilante; xa que moitos de nós non facemos as cousas de todo ben.
Iniciou a súa charla falándonos de como son os nosos dentes, os seus nomes e funcións. Explicounos tamén malos hábitos que temos, como chupar o dedo, xa que afecta dun xeito moi notorio a nosa boca. Pero o que máis nos interesaba foi a formación das caries, e como o estreptococo mutante fainos tanto mal cando se alimenta de certos alimentos con moito azucre que comemos moi a miúdo. Ademáis ensinouinos a cómo cepillar correctemente os nosos dentes e o uso do fío dental. Con todo isto dímonos conta que moitos de nós temos o cepillo de dentes do cole moi estropeado xa que temos as cerdas compretamente abertas!! TEMOS QUE TROCALO CANTO ANTES!!!
Para rematar agasallounos cun cofre para gardar os dentes de leite que nos vaian caendo e pasta para os dentes, ademais dun Diploma por ter aprendido tanto sobre a nosa boca e os seus coidados.
GRACIÑAS SUSO E OLALLA!!