BUENO MAMIS, MÁNDOVOS UN VÍDEO QUE UNHA DAS ENFERMEIRAS DA CLÍNCA PÚSOME PARA ANIMARME PERO EU ACABEI CHORANDO COMO UNHA MADALENA; TANTO PENSANDO NA MIÑA NAI COMO NA FUTURA NAI QUE ESPERO SER.
Está claro que hai persoas que comprenden verdadeiramente o vínculo afectivo que se crea entre un mestre e o seu grupo de alumnos e alumnas; Elsa, a miña compañeira sábeo e para animarme e emocionarme nestes días tan duros e eternos preparou este vídeo. Está claro que os leóns e todos vós tedes o dereito de disfrutalo tamén. A miña reacción ó miralo xa a imaxinaredes e o agradecemento profundo que lle teño que transmitir á miña compi xa llo fixen saber a ela.
Pinchade no seguinte enlace e poderedes ver o vídeo. Cómo vou a esquecerme destes pequechos?
DENDE O MEU CAUTIVERIO, ESTES PEQUENOS ÓS QUE NON
PUIDEN ACOMPAÑAR COMO DESEXABA E TIÑA PENSADO NOS SEUS PRIMEIROS DÍAS DE
PRIMARIA, OCUPAN O MEU PENSAMENTO E O MEU CORAZÓN A DIARIO.
NON SEI SE ESTE SERÁ O DERRADEIRO TRABALLO QUE FAGA
NESTA PÁXINA, PODE QUE NON, PERO SEMPRE QUISEN FACELO E AGORA QUE TEÑO
TAAAAAANTO TEMPO, PENSEI QUE ERA O MOMENTO.
QUERO QUE LLES DIGADES ÓS VOSOS FILLOS E FILLAS QUE OS
QUERO MOITÍSIMO E QUE, AÍNDA QUE NESTE MOMENTO NON POIDA ESTAR CON ELES, ELES
SI ESTÁN COMIGO.
ESPERO QUE VOS GUSTE ESTA COMPOSICIÓN, ESTA VEZ A MÚSICA
ESCOLLINNA EGOÍSTAMENTE XA QUE É UNHA DAS MIÑAS CANCIÓNS FAVORITAS.
PAPIS E MAMIS, RECORDARVOS TAMÉN QUE ME TEDES SEMPRE QUE
ME PRECISEDES, A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS TAMÉN CONTINÚA E
CONTINUARÁ PREOCUPÁNDOME; CONTADE SEMPRE COMIGO.
UN RAIO DE SOL, OH, OH, OH!!
POR FIN UN RAIO DE SOL PARA PODER IRNOS DE EXCURSIÓN. AÍNDA QUE SE NOS FIXO ALGO LONGO E ESTABAMOS ALGO PERDIDOS Ó PRINCIPIO XA QUE NON TIÑAMOS GUÍA, OS LEÓNS MÁIS A SÚA MESTRA FORON INVESTIGANDO TODAS AS INSTALACIÓNS DO CASTELO.
ALGÚNS DE NÓS TIVEMOS MOITO MEDO NO CALABOZO E ESTIVEMOS PEGADIÑOS Á PROFE, OUTROS MÁIS LANZADOS TOCÁBAMOLO TODO SEN PERMISO E NALGÚNS MOMENTOS A PROFE ENFADOUSE PERO A VERDADE É QUE TODO ERA MOI EMOCIONANTE; AS ESCALEIRAS DE CARACOL, A ESPADA, O CAÑÓN, A ARMADURA...
LOGO MARCHAMOS ÓS XARDÍNS A MERENDAR QUE A FAME APRETABA E DESPOIS MARINA ATOPOU UN PARQUE NO QUE NOS METIMOS, ALÍ, EN VEZ DE XOGAR, ESTUVEMOS RECOLLENDO PIÑAS, FOLLAS, RAMAS... UN POUCO DE TODO. ALGÚNS DICÍAN QUE OS SEUS AVÓS PRECISABAN AS PIÑAS PARA FACER O CHURRASCO!!
SEN MÁIS TEMPO DIRIXÍMONOS Ó AUTOBÚS E REGRESAMOS Ó COLE. MERECE SEMPRE A PENA SAIR A RESPIRAR AIRES NOVOS E A VERDADE É QUE XA ERA HORA!!!
BICOS A TODOS E A TODAS.
Unha mestra substituta de primaria truxo ó cole estes peixes disecados; un peixe globo, un peixe ballesta, uns cabaliños de mar e a cuncha dunha tartaruga. Non deixamos pasar a oportunidade de comparar estes animais con nós mesmos e atopar similitudes moi claras como por exemplo a espina dorsal que se observaba sen dificultade na cuncha da tartaruga e tamén certas diferencias.
Toda experiencia párecenos enriquecedora, non sí?
O OUTRO DÍA ESTIVEMOS PINTADO DE XEITO LIBRE E Ó REMATAR OS LEÓNS E LEONAS DECIDIRON QUE QUERÍAN PINTAR FLORES. ANTE ESTA OPORTUNIDADE, TIVENNO MOI CLARO, OS XIRASOIS DE VAN GOGH! NON LLES MOSTREI A OBRA ATA QUE REMATARON A SÚA E LOGO EXPLIQUEILLES ALGO SOBRE ESTE INCOMPRENDIDO ARTISTA.
ESTES INCANSABLES CEREBROS NON TIVERON SUFICIENTE E PEDIRONME QUE LLES BUSCASE EN INTERNET ALGÚN VIDEO SOBRE EL. SEMPRE CON ANSIAS DE SABER!!! XA TEÑO MÁIS TRABALLO PARA O FIN DE SEMANA ;) TEDES ALGUNHAS DAS OBRAS DOS VOSOS FILLOS E FILLAS EN FOTOS PERO NON ESTÁN TODAS, UNHA PORQUE OU FALTARON OU PORQUE AÍNDA NON AS REMATARAN. ESTÁ CLARO QUE SON UNS ARTÍSTAS!!! EU PREFIRO AS DELES; E VÓS???
É UN PRACER TRABALLAR CON ESTAS INSACIABLES PEQUECHAS E PEQUECHOS!!!!
Aínda que pareza incrible, somos nós os que transmitimos os nosos medos ós nosos fillos e fillas. Nunca pensei que estos leóns foran tan valentes para, sen medos aparentes, ser capaces de mirar e tocar unha araña tan grande e impresionante.
Esta amiguiña chegou ó cole por mediación do profe Xosé Carlos que a truxo da súa casa e como sabe que nos encantan os animais non o dubidou nin un momento. Xosé Carlos asegurounos que a ía soltar pero xa non na súa casa ;)
Cada día o teño máis claro; estas nenas e nenos son ALUCIANTES!!!!
O OUTRO ANO MÁIS, PERO XA O DERRADEIRO EN EDUCACIÓN INFANTIL, A AULA DOS LEÓNS DIRFRAZAMONOS; ESTA VEZ ESCOLLIMOS SER PINTORAS E PINTORES. DURANTE VARIOS DÍAS ESTIVEMOS ENSAIANDO UNHA CANCIÓN PARA DELEITE DE TODAS AS FAMILIAS QUE PUIDÉCHEDES VIR A VERNOS. TAMÉN DIRFRUTAMOS DUNHA DELICIOSA MERENDOLA CON POSTRES TÍPICOS DESTAS DATAS GRAZAS ÁS VOSAS ARTES CULINARIAS.
AS FOTOS SON DO XOVES, CANDO PUIDEMOS VIR DISFRAZADOS E DISFRAZADAS DA CASA DAQUELO QUE NOS PETASE, E AS FOTOS DO VENRES CANDO XA O FIXEMOS CO TRAXE DO COLE.
NA DERRADEIRA SEMANA DE XANEIRO MARTINA TRUXO Ó COLE UN RÉPTIL DENTRO DUNHA BOTELLA. A VERDADE É QUE TODOS E TODAS PENSABAMOS QUE ERA UNHA SERPE PERO DESCUBRIMOS QUE NON, QUE ERA UN LISCANSO REALEMENTE MOI MANSO. DECIDIMOS MIRALO, LOGO TOCALO E FINALMENTE COLLELO; NON IMOS NEGAR QUE ESTABAMOS ALGO ASUSTADOS PORQUE PENSABAMOS QUE MORDÍA OU PICABA PERO APRENDIMOS QUE NON É ASÍ. MOITOS E MOITAS DE NÓS SUPERAMOS OS NOSOS MEDOS E OUTROS POUCOS E POUCAS NON; OUTRA VEZ SERÁ! ENCANTOUNOS A SUAVIDADE DA SÚA PEL E A SENSACIÓN DO SEU CORPO EN MOVEMENTO. MARTINA SABE QUE, NO COLE, SE TRAES UN ANIMAL É PARA BOTALO Á VIDA E DE FEITO PARA ISO O TRUXO; QUISO SOLTALO COS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DA AULA. SUBIMOS Ó CAMPO DE ARRIBA E ALÍ DECIDIMOS SOLTALO; LONXE DOS COCHES E DO ALUMNADO QUE PODERÍA PISALO. ESPEREMOS QUE SEXA MOI FELIZ!!!
Jesús Abal; exalumno do colexio Castrillón, excompañeiro meu, papi dun alumno de 4 anos e Dentista; xunto con Olalla, a súa muller, visitáronnos hoxe para facernos entender a morfoloxía da nosa boca e todos os coidados que a mesma precisa para tela sana, limpa e brilante; xa que moitos de nós non facemos as cousas de todo ben.
Iniciou a súa charla falándonos de como son os nosos dentes, os seus nomes e funcións. Explicounos tamén malos hábitos que temos, como chupar o dedo, xa que afecta dun xeito moi notorio a nosa boca. Pero o que máis nos interesaba foi a formación das caries, e como o estreptococo mutante fainos tanto mal cando se alimenta de certos alimentos con moito azucre que comemos moi a miúdo. Ademáis ensinouinos a cómo cepillar correctemente os nosos dentes e o uso do fío dental. Con todo isto dímonos conta que moitos de nós temos o cepillo de dentes do cole moi estropeado xa que temos as cerdas compretamente abertas!! TEMOS QUE TROCALO CANTO ANTES!!!
Para rematar agasallounos cun cofre para gardar os dentes de leite que nos vaian caendo e pasta para os dentes, ademais dun Diploma por ter aprendido tanto sobre a nosa boca e os seus coidados.