martes, 26 de marzo de 2013

PEIXES DISECADOS



 Unha mestra substituta de primaria truxo ó cole estes peixes disecados; un peixe globo, un peixe ballesta, uns cabaliños de mar e a cuncha dunha tartaruga. Non deixamos pasar a oportunidade de comparar estes animais con nós mesmos e atopar similitudes moi claras como por exemplo a espina dorsal que se observaba sen dificultade na cuncha da tartaruga e tamén certas diferencias. Toda experiencia párecenos enriquecedora, non sí?

sábado, 9 de marzo de 2013

O NOSO É MELLOR!!!

/>

AQUÍ ESTAMOS ANTE UNHA OBRA DE ARTE. 
O OUTRO DÍA ESTIVEMOS PINTADO DE XEITO LIBRE E Ó REMATAR OS LEÓNS E LEONAS DECIDIRON QUE QUERÍAN PINTAR FLORES. ANTE ESTA OPORTUNIDADE, TIVENNO MOI CLARO, OS XIRASOIS DE VAN GOGH! NON LLES MOSTREI A OBRA ATA QUE REMATARON A SÚA E LOGO EXPLIQUEILLES ALGO SOBRE ESTE INCOMPRENDIDO ARTISTA.
ESTES INCANSABLES CEREBROS NON TIVERON SUFICIENTE E PEDIRONME QUE LLES BUSCASE EN INTERNET ALGÚN VIDEO SOBRE EL. SEMPRE CON ANSIAS DE SABER!!! XA TEÑO MÁIS TRABALLO PARA O FIN DE SEMANA ;) 
TEDES ALGUNHAS DAS OBRAS DOS VOSOS FILLOS E FILLAS EN FOTOS PERO NON ESTÁN TODAS, UNHA PORQUE OU FALTARON OU PORQUE AÍNDA NON AS REMATARAN. ESTÁ CLARO QUE SON UNS ARTÍSTAS!!! EU PREFIRO AS DELES; E VÓS???
É UN PRACER TRABALLAR CON ESTAS INSACIABLES PEQUECHAS E PEQUECHOS!!!!

martes, 5 de marzo de 2013

NON APTO PARA CARDÍACOS




Aínda que pareza incrible, somos nós os que transmitimos os nosos medos ós nosos fillos e fillas. Nunca pensei que estos leóns foran tan valentes para, sen medos aparentes, ser capaces de mirar e tocar unha araña tan grande e impresionante. 
Esta amiguiña chegou ó cole por mediación do profe Xosé Carlos que a truxo da súa casa e como sabe que nos encantan os animais non o dubidou nin un momento. Xosé Carlos asegurounos que a ía soltar pero xa non na súa casa  ;)
Cada día o teño máis claro; estas nenas e nenos son ALUCIANTES!!!!