miércoles, 19 de junio de 2019

Un adeus e un ata sempre.

         Queridas familias;
esto xa é unha realidade, estes leóns fanse maiores e temos que aceptar eses cambios. Tamén eu teño que facelo chea de tristeza e melancolía porque dentro de min sinto a perda de algo que pode chegar a ser difícil de comprender. Durante os seus primeiros tres anos no colexio funnos coñecendo, admirando, mimando, guiando, ensinando e amando; como non facelo despois de tantas experiencias, anécdotas, historias i emocións? Sempres se pode facer mellor, eso seguro, pero o único que sí podo deixar claro, e do que me sinto tremendamente orgullosa, é que todo o que fixen saíu do meu corazón intentando chegar a cada un deses corazoncillos. Só quero pedirvos algo máis, unha última cousa; intentade que non se esquezan de min por favor, mencionádeme de vez en cando ou botádelle un ollo a fotos e recordos. Pode que sexa unha egoísta pero hai algo moi claro e que sinto moi profundo e é que eu nunca os esquecerei.
Mil grazas polo voso apoio, pola vosa confianza, polas vosas palabras e polos vosos fillos e fillas; uns nenos e nenas que estarán, ata o día da miña morte, tatuados no meu corazón.
GRACIÑAS.