miércoles, 19 de junio de 2019

Un adeus e un ata sempre.

         Queridas familias;
esto xa é unha realidade, estes leóns fanse maiores e temos que aceptar eses cambios. Tamén eu teño que facelo chea de tristeza e melancolía porque dentro de min sinto a perda de algo que pode chegar a ser difícil de comprender. Durante os seus primeiros tres anos no colexio funnos coñecendo, admirando, mimando, guiando, ensinando e amando; como non facelo despois de tantas experiencias, anécdotas, historias i emocións? Sempres se pode facer mellor, eso seguro, pero o único que sí podo deixar claro, e do que me sinto tremendamente orgullosa, é que todo o que fixen saíu do meu corazón intentando chegar a cada un deses corazoncillos. Só quero pedirvos algo máis, unha última cousa; intentade que non se esquezan de min por favor, mencionádeme de vez en cando ou botádelle un ollo a fotos e recordos. Pode que sexa unha egoísta pero hai algo moi claro e que sinto moi profundo e é que eu nunca os esquecerei.
Mil grazas polo voso apoio, pola vosa confianza, polas vosas palabras e polos vosos fillos e fillas; uns nenos e nenas que estarán, ata o día da miña morte, tatuados no meu corazón.
GRACIÑAS.

domingo, 8 de junio de 2014

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2014. OS LEONS. CASTRILLÓN COIRO

    

OLA FAMILIA DOS LEÓNS. AQUÍ ESTOU CUNHA PEQUENA SORPRESA PARA AQUELES E AQUELAS, QUE POR UNHAS  OU OUTRAS RAZÓNS NON PUIDÉCHEDES DISFRUTAR DA ACTUACIÓN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS. 
DENDE A MIÑA UBICACIÓN PRIVILIXIADA, PERO NON CUNHA CÁMARA DE MOI BOA CALIDADE, ENVÍOVOS ESTE VÍDEO. DISFRUTÁDEO E EMOCIONÁDEVOS COMO ME EMOCIONO EU CON CALQUERA PEQUENO LOGRO DESTES CACHORROS QUE CADA DÍA O SON MENOS.
BICOS.
    

  

sábado, 28 de septiembre de 2013

"ES MI MADRE"


ES MI MADRE   ENLACE
BUENO MAMIS, MÁNDOVOS UN VÍDEO QUE UNHA DAS ENFERMEIRAS DA CLÍNCA PÚSOME PARA ANIMARME PERO EU ACABEI CHORANDO COMO UNHA MADALENA; TANTO PENSANDO NA MIÑA NAI COMO NA FUTURA NAI QUE ESPERO SER.
CON TODO O MEU CARIÑO.

viernes, 27 de septiembre de 2013

GRACIÑAS Á PROFE ELSA E ÓS MEUS LEÓNS

Está claro que hai persoas que comprenden verdadeiramente o vínculo afectivo que se crea entre un mestre e o seu grupo de alumnos e alumnas; Elsa, a miña compañeira sábeo e para animarme e emocionarme nestes días tan duros e eternos preparou este vídeo. Está claro que os leóns e todos vós tedes o dereito de disfrutalo tamén. A miña reacción ó miralo xa a imaxinaredes e o agradecemento profundo que lle teño que transmitir á miña compi xa llo fixen saber a ela.
Pinchade no seguinte enlace e poderedes ver o vídeo. Cómo vou a esquecerme destes pequechos?
Graciñas Elsa, eres un SOLETE!!
 
                  SORPREEEESA PROFE MONTSE

viernes, 20 de septiembre de 2013

SEMPRE NO MEU CORAZÓN








 
DENDE O MEU CAUTIVERIO,  ESTES PEQUENOS ÓS QUE NON PUIDEN ACOMPAÑAR COMO DESEXABA E TIÑA PENSADO NOS SEUS PRIMEIROS DÍAS DE PRIMARIA, OCUPAN O MEU PENSAMENTO E O MEU CORAZÓN A DIARIO.
NON SEI SE ESTE SERÁ O DERRADEIRO TRABALLO QUE FAGA NESTA PÁXINA, PODE QUE NON, PERO SEMPRE QUISEN FACELO E AGORA QUE TEÑO TAAAAAANTO TEMPO, PENSEI QUE ERA O MOMENTO.
QUERO QUE LLES DIGADES ÓS VOSOS FILLOS E FILLAS QUE OS QUERO MOITÍSIMO E QUE, AÍNDA QUE NESTE MOMENTO NON POIDA ESTAR CON ELES, ELES SI ESTÁN COMIGO.
ESPERO QUE VOS GUSTE ESTA COMPOSICIÓN, ESTA VEZ A MÚSICA ESCOLLINNA EGOÍSTAMENTE XA QUE É UNHA DAS MIÑAS CANCIÓNS FAVORITAS. 
PAPIS E MAMIS, RECORDARVOS TAMÉN QUE ME TEDES SEMPRE QUE ME PRECISEDES, A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS E FILLAS TAMÉN CONTINÚA E CONTINUARÁ PREOCUPÁNDOME; CONTADE SEMPRE COMIGO.
CON TODO O MEU CORAZÓN, A PROFE MONTSE.


viernes, 19 de abril de 2013

O TERRORIFICO CASTELO DE SOUTOMAIOR

UN RAIO DE SOL, OH, OH, OH!! POR FIN UN RAIO DE SOL PARA PODER IRNOS DE EXCURSIÓN. AÍNDA QUE SE NOS FIXO ALGO LONGO E ESTABAMOS ALGO PERDIDOS Ó PRINCIPIO XA QUE NON TIÑAMOS GUÍA, OS LEÓNS MÁIS A SÚA MESTRA FORON INVESTIGANDO TODAS AS INSTALACIÓNS DO CASTELO. ALGÚNS DE NÓS TIVEMOS MOITO MEDO NO CALABOZO E ESTIVEMOS PEGADIÑOS Á PROFE, OUTROS MÁIS LANZADOS TOCÁBAMOLO TODO SEN PERMISO E NALGÚNS MOMENTOS A PROFE ENFADOUSE PERO A VERDADE É QUE TODO ERA MOI EMOCIONANTE; AS ESCALEIRAS DE CARACOL, A ESPADA, O CAÑÓN, A ARMADURA... LOGO MARCHAMOS ÓS XARDÍNS A MERENDAR QUE A FAME APRETABA E DESPOIS MARINA ATOPOU UN PARQUE NO QUE NOS METIMOS, ALÍ, EN VEZ DE XOGAR, ESTUVEMOS RECOLLENDO PIÑAS, FOLLAS, RAMAS... UN POUCO DE TODO. ALGÚNS DICÍAN QUE OS SEUS AVÓS PRECISABAN AS PIÑAS PARA FACER O CHURRASCO!! SEN MÁIS TEMPO DIRIXÍMONOS Ó AUTOBÚS E REGRESAMOS Ó COLE. MERECE SEMPRE A PENA SAIR A RESPIRAR AIRES NOVOS E A VERDADE É QUE XA ERA HORA!!! BICOS A TODOS E A TODAS.